Skip to main content

A nova ferramenta do Campus na Nube proporciona apuntamentos ao alumnado limitando os contactos

Campus na Nube
Campus na Nube
O PDI conta co servizo ‘FastPrint’ para encargar os seus pedidos de reprografía a través da web

O equipo de Campus na Nube desenvolveu un novo servizo en liña para os estudantes da USC. Trátase dunha ferramenta que permite ao alumnado revisar a lista de apuntamentos dispoñibles das distintas materias, solicitar a súa impresión, e recollelos no local ou recibilos no seu domicilio. O obxectivo desta iniciativa é limitar os contactos e as aglomeracións en prevención da COVID-19.

Estes apuntamentos proporcionados polos docentes non estarán subidos a ningunha web, senón que só se publicará a listaxe dos mesmos para que o alumnado poida consultala e facer os seus respectivos pedidos. O profesorado que o desexe poderá deixar os textos para o seu alumnado no local de Casa Grandín (Campus Vida) ou envialos por correo electrónico a csd1 [at] campusnanube.com (csd1[at]campusnanube[dot]com), para facilitar o procedemento.

Así mesmo, no apartado de 'Impresos' da web, segue habilitada para a comunidade universitaria a opción de encargar en liña a impresión de documentos en distintos formatos, ou mesmo Traballos de Fin de Grao ou Máster, para recollelos no punto seleccionado ou recibilos na casa.

PDI
O PDI conta con servizo FastPrint para encargar os seus pedidos de reprografía a través da web. Do mesmo modo, é posible recollelos de xeito presencial no punto de Campus na Nube seleccionado ou, neste caso, recibilos por correo no despacho.

The contents of this page were updated on 10.30.2020.