Skip to main content

Teatro

'Bicos con lingua', un espectáculo de Talía Teatro

11.19.2020 | 18.00h

A obra conta con Toño Casais e Artur Trillo, e está dirixida por Avelino González

Cartel do evento
Cartel do evento

'Bicos con lingua' é un espectáculo de Talía Teatro en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás convida a unha fonda reflexión sobre a situación da lingua galega e das persoas que a falan. Trátase dunha experiencia de redescubrimento do idioma, tinguida de retranca e humor.

Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas programa esta obra teatral para contribuír á sensibilización do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos a respecto da lingua galega.

Para poder asistir a esta actividade de balde e con aforo limitado a 30 persoas, debes inscribirte antes do 18 de novembro nun dos dous pases dispoñibles. Podes facelo no teu perfil da Secretaría Virtual, no apartado de 'Actividades - Oferta - Cursos SNL' ou desde estas ligazóns: Función das 18:00 h ou Función das 20:00 h.

The contents of this page were updated on 11.12.2020.