A obra conta con Toño Casais e Artur Trillo, e está dirixida por Avelino González

'Bicos con lingua' é un espectáculo de Talía Teatro en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás convida a unha fonda reflexión sobre a situación da lingua galega e das persoas que a falan. Trátase dunha experiencia de redescubrimento do idioma, tinguida de retranca e humor.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas programa esta obra teatral para contribuír á sensibilización do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos a respecto da lingua galega.
Para poder asistir a esta actividade de balde e con aforo limitado a 30 persoas, debes inscribirte antes do 18 de novembro nun dos dous pases dispoñibles. Podes facelo no teu perfil da Secretaría Virtual, no apartado de 'Actividades - Oferta - Cursos SNL' ou desde estas ligazóns: Función das 18:00 h ou Función das 20:00 h.