Skip to main content

Certame

VIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC

12.10.2020

O concurso está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2017 (ambos incluídos) e a temática da postal debe unir o Nadal e o deporte

Cartel do evento
Cartel do evento

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela ven de convocar, por oitavo ano consecutivo, un concurso de postais de Nadal.

O premio do concurso consistirá nun vale de 100 € para canxear por material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2021, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai doce veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC.

O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC. O prazo para entregar os traballos rematará o 10 de decembro e o fallo do xurado farase público o día 17 do mesmo mes.

Debido á situación sanitaria actual, este ano os traballos entregaranse de forma dixital. As persoas interesadas en participar no concurso poden consultar as bases completas nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 12.02.2020.