O concurso está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2017 (ambos incluídos) e a temática da postal debe unir o Nadal e o deporte

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela ven de convocar, por oitavo ano consecutivo, un concurso de postais de Nadal.
O premio do concurso consistirá nun vale de 100 € para canxear por material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2021, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai doce veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC.
O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC. O prazo para entregar os traballos rematará o 10 de decembro e o fallo do xurado farase público o día 17 do mesmo mes.
Debido á situación sanitaria actual, este ano os traballos entregaranse de forma dixital. As persoas interesadas en participar no concurso poden consultar as bases completas nesta ligazón.