Skip to main content

USC e Ageinco unen forzas en materia de investigación, cultura e igualdade

O texto contribuirá ao perfeccionamento das ensinanzas deste ámbito adaptándoas ás necesidades do tecido empresarial. FOTO: Santi Alvite
O texto contribuirá ao perfeccionamento das ensinanzas deste ámbito adaptándoas ás necesidades do tecido empresarial. FOTO: Santi Alvite
O convenio asinado entre Universidade e Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultaría e Servizos Tecnolóxicos contribuirá ao perfeccionamento das ensinanzas deste ámbito adaptándoas ás necesidades do tecido empresarial
Santiago de Compostela

O reitor Antonio López asinou recentemente un convenio coa Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultaría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco) que propiciará a suma de esforzos por parte de ambas as dúas entidades en materia de investigación, cultura e igualdade. Asemade, o texto contribuirá ao perfeccionamento das ensinanzas deste ámbito adaptándoas ás necesidades do tecido empresarial.

O desenvolvemento de proxectos de investigación; así como a organización e realización de todo tipo de actividades académicas, tales como cursos, conferencias, simposios ou seminarios, conforman dous dos campos de actuación do documento. O convenio tamén contempla o apoio a investigadores/as e estudantes; así como o intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten de interese, así como de proxectos culturais.

A promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da sociedade, xunto coa mobilidade de estudantes e de persoal docente completan o conxunto de accións dirixidas a contribuír ao perfeccionamento das ensinanzas da enxeñería adaptándoas ás necesidades do ámbito empresarial.

The contents of this page were updated on 03.02.2021.