Skip to main content

Aula Profesional

“Xogo de cidade virtual HERA”

05.06.2021 | 12.00h-14.30h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula de Proxectos e A2

Manuel Lama Penín, Prof. do Departamento de Electrónica e Computación.

HERA é un proxecto Erasmus + no que se creou un xogo colaborativo baseado no desenvolvemento dunha cidade, como Sim City.


Hera
Hera

Equipos compostos por diferentes roles poden enfrontarse a varios retos relacionados coa enxeñaría e a economía sostible. O reto atópase en traballar de forma cooperativa para conseguir acadar os obxectivos compartidos mentres se procura o maior desenvolvemento posible para a cidade. Con esta actividade os participantes aprenden conceptos de economía sostible, habilitades interpersoais e de colaboración entre equipos, así como o uso de xogos serios pode fomentar esta aprendizaxe. Dende o punto de vista técnico darase unha visión de como se poden construír este tipo de solucións.

Máis información nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 04.23.2021.