Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula A1
Dirección: Sara González García
Co-dirección: Ángeles Val del Rio
Secretaría Técnica: Rosa Mª Arcos Añón
O impulso á economía circular e os novos obxectivos máis ambiciosos de recuperación de materias primas definidos pola Unión Europea derivan en múltiples oportunidades para emprender iniciativas eficientes e sostibles para a sociedade. Por outra parte, os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) desenvoltos polas Nacións Unidas xeraron o máximo consenso na sociedade sobre a súa relevancia para o futuro do planeta.

O sector agroalimentario desempeña un papel moi importante nos ODS estando presente en numerosas áreas, así como no eido do emprego eficiente de recursos e la minimización de residuos xerados. En consecuencia, as estratexias basadas no concepto de Economía Circular aportan solucións de gran interese. O curso proposto ten como finalidade 1) explorar as oportunidades medioambientais na contorna do
sector agroalimentario, 2) dar a coñecer as estratexias potenciais aplicables ás cadeas de producción alimentarias que axuden a reducir a produción de residuos e ao mellor aproveitamento das materias primas, todo elo nun entorno de desenvolvemento respetuoso co clima, 3) integración de biorrefinerías no sector agroalimentario, revalorizando os residuos orgánicos en novos bio-produtos con valor engadido e 4) adquirir coñecemento sobre estratexias para cuantificación de cargas ambientais no eido da economía circular enfocado ao sector agroalimentario.
Límite de prazas: 45
Horas lectivas: 25
Créditos ECTS: 2