A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

A peza musical e escénica 'Phármakon', de Pablo Seoane, foi creada para viola, óboe, corno inglés, dous actores e unha creadora visual.
Composta a partir das traxedias clásicas Antígona (Sófocles), Medea (Eurípedes) e As Bacantes (Eurípedes), a obra indaga en tres aspectos esenciais comúns a todas elas: a relación entre o chibo expiatorio e a comunidade, os inestables límites da identidade persoal e a clásica iconografía na que adoitan presentarse tanto esa relación como esa inestabilidade.
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.