Pasar al contenido principal

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

Peza musical e escénica 'Phármakon', de Pablo Seoane

07.07.2021 | 21.00h

Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Imaxe da representación
Imaxe da representación

A peza musical e escénica 'Phármakon', de Pablo Seoane, foi creada para viola, óboe, corno inglés, dous actores e unha creadora visual.

Composta a partir das traxedias clásicas Antígona (Sófocles), Medea (Eurípedes) e As Bacantes (Eurípedes), a obra indaga en tres aspectos esenciais comúns a todas elas: a relación entre o chibo expiatorio e a comunidade, os inestables límites da identidade persoal e a clásica iconografía na que adoitan presentarse tanto esa relación como esa inestabilidade. 

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2021.