10.22.2021 | 17.00h
Este evento enmárcase no Simposio ILG 2021. 50 anos: Homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González

O salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá 22 de outubro, ás 17.00 h, a entrega de premios do concurso de vídeo 'Móvete', dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Este concurso, ao que se presentaron 38 vídeos, forma parte das actividades de conmemoración dos 50 anos do ILG.
O acto estará conducido por Esther Estévez, presentadora do programa #DígochoEU da RTVG, e contará coa actuación musical de Pauliña.
As persoas que desexen asistir deberán de enviar un correo a ilgsec [at] usc.gal (ilgsec[at]usc[dot]gal)