Pasar al contenido principal

Entrega de premios

Concurso de vídeos 'Móvete'

22.10.2021 | 17.00h

Salón de actos

Este evento enmárcase no Simposio ILG 2021. 50 anos: Homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González

Concurso Móvete
Concurso Móvete

O salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá  22 de outubro, ás 17.00 h,  a entrega de premios do concurso de vídeo 'Móvete', dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Este concurso, ao que se presentaron 38 vídeos, forma parte das actividades de conmemoración dos 50 anos do ILG.

O acto estará conducido por Esther Estévez, presentadora do programa #DígochoEU da RTVG, e contará coa actuación musical de Pauliña. 

 

As persoas que desexen asistir deberán de enviar un correo a ilgsec [at] usc.gal (ilgsec[at]usc[dot]gal)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2021.