Organizadas pola Secretaría Xeral da Igualdade coa colaboración das oficinas de igualdade das universidades galegas nos 7 campus universitarios

A USC acolle en novembro as III Xornadas Agresión OFF, que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade coa colaboración das oficinas de igualdade das universidades galegas nos 7 campus universitarios.
O 8 de novembro, a Facultade de Ciencias da Educación do campus compostelán dará acubillo a parte das conferencias e mesas redondas desta edición que leva por título 'Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade'.
Nelas, participarán Marina Marroquí, educadora social e especialista en violencia de xénero; Jorge García Marín, profesor de Socioloxía da USC; Pablo Soto Casás, investigador en xénero; María Curros Espiño, estudante de doutoramento do programa de Marketing Político, Actores e Institucións Contemporáneas da USC; e Naila Neves de Jesús, investigadora visitante do Centro Interdisciplinario de Estudos Feministas e de Xénero (CIFEX/USC).
Na inauguración estarán presentes Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, e María del Carmen Fernández Morante, decana do centro anfitrión.
A participación é libre até completar a capacidade da sala.
En Lugo, o 23 de novembro
As xornadas continuarán o 23 de novembro na Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo, coas intervencións de Jorge García Marín, profesor de Socioloxía da USC; Genoveva Gundín, técnica superior de Promoción de Igualda de Xénero, Joaquín Pedrido Rey, xornalista e profesor do Centro Tomás Barros da Coruña, Pablo Soto Casás, investigador en xénero; Miguel Betes Figueira, educación social e experto en cuestións de xénero da Uvigo e Naila Neves de Jesús, investigadora visitante do Centro Interdisciplinario de Estudos Feministas e de Xénero (CIFEX/USC).