Ir o contido principal

III Xornadas Agresión OFF

Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade

08.11.2021 | 10.00h-14.00h

Organizadas pola Secretaría Xeral da Igualdade coa colaboración das oficinas de igualdade das universidades galegas nos 7 campus universitarios

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas

A USC acolle en novembro as III Xornadas Agresión OFF, que organiza  a Secretaría Xeral da Igualdade coa colaboración das oficinas de igualdade das universidades galegas nos 7 campus universitarios. 

O 8 de novembro, a Facultade de Ciencias da Educación do campus compostelán dará acubillo a parte das conferencias e mesas redondas desta edición que leva por título 'Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade'.

Nelas, participarán Marina Marroquí, educadora social e especialista en violencia de xénero; Jorge García Marín, profesor de Socioloxía da USC; Pablo Soto Casás, investigador en xénero;  María Curros Espiño, estudante de doutoramento do programa de Marketing Político, Actores e Institucións Contemporáneas da USC;  e Naila Neves de Jesús, investigadora visitante do Centro Interdisciplinario de Estudos Feministas e de Xénero (CIFEX/USC). 

Na inauguración estarán presentes Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, Mar Lorenzo Moledo,  Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos  da USC, e María del Carmen Fernández Morante, decana do centro anfitrión. 

A participación é libre até completar a capacidade da sala.

 

En Lugo, o 23 de novembro

As xornadas continuarán o 23 de novembro na Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo, coas intervencións de Jorge García Marín, profesor de Socioloxía da USC; Genoveva Gundín, técnica superior de Promoción de Igualda de Xénero, Joaquín Pedrido Rey, xornalista e profesor do Centro Tomás Barros da Coruña, Pablo Soto Casás, investigador en xénero; Miguel Betes Figueira, educación social e experto en cuestións de xénero da Uvigo e Naila Neves de Jesús, investigadora visitante do Centro Interdisciplinario de Estudos Feministas e de Xénero (CIFEX/USC). 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2021.