As Lecturas poéticas en Fonseca xirarán arredor da obra de Méndez Ferrín

Este xoves 19 na Biblioteca América
A terceira edición das ‘Lecturas poéticas en Fonseca’ celebraranse este xoves 19 ás 19.00 horas na Biblioteca América da USC, centradas nesta ocasión na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais do poeta homenaxeado, no acto intervirán Chus Pato, Xabier Cordal, Daniel Salgado, Jorge Rodríguez Durán e Arancha Nogueira, que lerán poemas propios e do propio Méndez Ferrín. Os profesores Xosé Manuel Salgado e Francisco Fernández Rei darán, respectivamente, unhas palabras de benvida e de peche.
Por razóns de conservación do espazo, o aforo está limitado a cincuenta persoas, polo que dende a organización aconsellan achegarse ao acto un pouco antes da hora xa que se respectará a orde de entrada ata completar o límite do aforo.