O veterinario e emprendedor Elio López ofrece este mércores, ás 19.00 horas, a través da plataforma Teams, un relatorio sobre as oportunidades de inserción laboral que deparan as novas tecnoloxías e a Veterinaria 4.0

O veterinario e emprendedor Elio López, promotor da empresa de innovación tecnolóxica Innogando, ofrecerá este mércores, a partir das 19.00 horas, a través da plataforma telemática Teams, o relatorio ‘Veterinari@ 4.0: As novas tecnoloxía en produción animal como oportunidade laboral emerxente’, no marco do ciclo ‘Apaixonad@s pola veterinaria!!’.
‘Apaixonad@ pola veterinaria!!’ é un programa promovido pola Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC co fin de conectar ao alumnado do centro co mercado laboral, ademais de para facer visibles as saídas profesionais e alternativas laborais menos coñecidas no ámbito desta profesión.
Daquela, Elio López aproveitará a súa participación neste ciclo para falar da súa experiencia como CEO de Innogando, unha empresa á que dá vida un equipo de veterinari@s e enxeñeir@s que buscan a creación de novas tecnoloxías para facilitar o traballo dos gandeiros, mellorar a produtividade e garantir o benestar animal.