Ir o contido principal

As novas tecnoloxías como oportunidade laboral, a análise en ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’

17/11/2021 - 19.00 horas

Teams

O veterinario e emprendedor Elio López ofrece este mércores, ás 19.00 horas, a través da plataforma Teams, un relatorio sobre as oportunidades de inserción laboral que deparan as novas tecnoloxías e a Veterinaria 4.0

Facultade de Veterinaria de Lugo
Facultade de Veterinaria de Lugo

O veterinario e emprendedor Elio López, promotor da empresa de innovación tecnolóxica Innogando, ofrecerá este mércores, a partir das 19.00 horas, a través da plataforma telemática Teams, o relatorio ‘Veterinari@ 4.0: As novas tecnoloxía en produción animal como oportunidade laboral emerxente’, no marco do ciclo ‘Apaixonad@s pola veterinaria!!’.

‘Apaixonad@ pola veterinaria!!’ é un programa promovido pola Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC co fin de conectar ao alumnado do centro co mercado laboral, ademais de para facer visibles as saídas profesionais e alternativas laborais menos coñecidas no ámbito desta profesión.

Daquela, Elio López aproveitará a súa participación neste ciclo para falar da súa experiencia como CEO de Innogando, unha empresa á que dá vida un equipo de veterinari@s e enxeñeir@s que buscan a creación de novas tecnoloxías para facilitar o traballo dos gandeiros, mellorar a produtividade e garantir o benestar animal.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2021.