Grupo de traballo de voluntariado universitario da Comisión Sectorial de Internacionalización e Cooperación CRUE

En 2021, cúmprense 25 anos da posta en marcha da Oficina do Voluntariado da USC, hoxe Servizo de Participación e Integración Universitaria. Neste cuarto de século, máis de 10.000 universitarias e universitarios colaboraron en preto de 200 actividades propostas por máis de 150 entidades do terceiro sector da nosa comunidade autónoma.
A modo de conmemoración, o Servizo propón un acto institucional para reflexionar sobre o feito e o que está por facer e mellorar, e tamén para dar as grazas a toda a comunidade universitaria e ao tecido asociativo que propiciou que unha aposta innovadora entre as universidades do Estado alá por 1996, se convertera nun dos servizos que singularizan a calidade da nosa universidade e o seu compromiso co fortalecemento da sociedade civil.
Como parte del, o mércores 24 de novembro terá lugar a II Xornada de voluntariado universitario, unha xeira de sesións en liña do Grupo de traballo de voluntariado universitario da Comisión Sectorial de Internacionalización e Cooperación-CRUE.
A xornada ten por obxectivo repensar os obxectivos das unidades para o fomento da participación social e do voluntariado nas universidades, poñer en valor a investigación na academia como vía para evidenciar as competencias adquiridas polo estudantado durante a súa participación en proxectos con voluntarias/os, coñecer boas practicas na xestión de proxectos nos programa Erasmus + e adquirir habilidades dixitais para o fomento da participación do estudantado en novos tipos de proxectos de voluntariado.
Programa
Mañá
- 10.00-10.15 Inauguración. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
- 10.15-10.30 Presentación das xornadas. Silvia Lloveras Pimentel. Coordinadora do Subgrupo de traballo de voluntariado universitario do GT de Cooperación da Comisión Sectorial de Internacionalización e Cooperación da Crue Universidades Españolas. Javier Agrafojo Fernández. Coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria.
- 10.30-11.15 Conferencia inaugural. Repensar a participación social desde as universidades. Dra. Cristina González Román. Universidade de Santiago de Compostela.
- 11.15-12.00 Investigación e participación social. Evidenciar o voluntariado como ferramenta para a adquisición de competencias. Dr. Javier Agrafojo Fernández Coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.
- 12.05-12.50 Boas prácticas na xestión de proxectos Erasmus + (Corpo Europeo de Solidariedade, Youth Exchange, Training course…). Silvia Lloveras Pimentel. Xefa da Área de Compromiso Social da Universitat de Girona.
- 12.55-13.15 Presentación do Grupo de Traballo de Participación e Voluntariado Ambiental da Sectorial Crue-Sostibilidad. Myriam Ortega Barrio. Universidad de Alcalá.
Tarde
- 15:00-19:00 Taller: Habilidades dixitais para a participación social
- Tecnoloxías sociais e ferramentas para a facilitación.
- O contexto virtual: humanizar as relacións a través dos medios dixitais.
- Técnicas de facilitación para o deseño participativo
- Deseño de iniciativas para fomentar a participación.