Pasar al contenido principal

25 anos de participación social na USC

II Xornada de voluntariado universitario

24.11.2021 | 10.00h

En liña

Grupo de traballo de voluntariado universitario da Comisión Sectorial de Internacionalización e Cooperación CRUE

Cartel '25 anos de participación social da USC'
Cartel '25 anos de participación social da USC'

En 2021, cúmprense 25 anos da posta en marcha da Oficina do Voluntariado da USC, hoxe Servizo de Participación e Integración Universitaria. Neste cuarto de século, máis de 10.000 universitarias e universitarios colaboraron en preto de 200 actividades propostas por máis de 150 entidades do terceiro sector da nosa comunidade autónoma.

A modo de conmemoración, o Servizo propón un acto institucional para reflexionar sobre o feito e o que está por facer e mellorar, e tamén para dar as grazas a toda a comunidade universitaria e ao tecido asociativo que propiciou que unha aposta innovadora entre as universidades do Estado alá por 1996, se convertera nun dos servizos que singularizan a calidade da nosa universidade e o seu compromiso co fortalecemento da sociedade civil.

Como parte del, o mércores 24 de novembro terá lugar a II Xornada de voluntariado universitario, unha xeira de sesións en liña do Grupo de traballo de voluntariado universitario da Comisión Sectorial de Internacionalización e Cooperación-CRUE. 

A xornada ten por obxectivo repensar os obxectivos das unidades para o fomento da participación social e do voluntariado nas universidades, poñer en valor a investigación na academia como vía para evidenciar as competencias adquiridas polo estudantado durante a súa participación en proxectos con voluntarias/os, coñecer boas practicas na xestión de proxectos nos programa Erasmus + e adquirir habilidades dixitais para o fomento da participación do estudantado en novos tipos de proxectos de voluntariado.

Programa

Mañá

  • 10.00-10.15 Inauguración. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 10.15-10.30 Presentación das xornadas. Silvia Lloveras Pimentel. Coordinadora do Subgrupo de traballo de voluntariado universitario do GT de Cooperación da Comisión Sectorial de Internacionalización e Cooperación da Crue Universidades Españolas. Javier Agrafojo Fernández. Coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria.
  • 10.30-11.15 Conferencia inaugural. Repensar a participación social desde as universidades. Dra. Cristina González Román. Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11.15-12.00 Investigación e participación social.  Evidenciar o voluntariado como ferramenta para a adquisición de competencias. Dr. Javier Agrafojo Fernández Coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.
  • 12.05-12.50 Boas prácticas na xestión de proxectos Erasmus + (Corpo Europeo de Solidariedade, Youth Exchange, Training course…). Silvia Lloveras Pimentel. Xefa da Área de Compromiso Social da Universitat de Girona.
  • 12.55-13.15 Presentación do Grupo de Traballo de Participación e Voluntariado Ambiental da Sectorial Crue-Sostibilidad. Myriam Ortega Barrio. Universidad de Alcalá.

Tarde

  • 15:00-19:00 Taller: Habilidades dixitais para a participación social
    • Tecnoloxías sociais e ferramentas para a facilitación.
    •  O contexto virtual: humanizar as relacións a través dos medios dixitais.
    •  Técnicas de facilitación para o deseño participativo
    •  Deseño de iniciativas para fomentar a participación.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2021.