Skip to main content

Acto institucional

Toma de posesión do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía

01.14.2022 | 13.00h

Salón de Actos
Santiago de Compostela

Julián Álvarez Escudero repite no cargo logo da súa reelección nun proceso electoral celebrado en setembro do ano pasado e no que obtivo 75 votos a favor, 26 en branco e 2 nulos

A sesión desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía. FOTO: Santi Alvite
A sesión desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía acolle este venres 14 de xaneiro o acto de toma de posesión do decano deste centro. O catedrático da Área de Cirurxía Julián Álvarez Escudero foi reelixido en setembro de 2021 como decano desta Facultade con 75 votos a favor, 26 en branco e 2 nulos. O acto dará comezo ás 13.00 horas e estará presidido polo reitor Antonio López. A asistencia presencial estará limitada pola capacidade da sala pero a sesión poderá seguirse en liña a través de Teams.

Adscrito ao Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Julián Álvarez Escudero é ademais xefe do Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor do Complexo Hospistalario Universitario de Santiago. Con anterioridade foi presidente da Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor así como da Comisión Nacional da Especialidade. No eido investigador está adscrito ao grupo Investigación Translacional do Doente Crítico.

The contents of this page were updated on 01.12.2022.