Skip to main content

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes sobre o Portal da Investigación

O Portal, xestionado pola Biblioteca Universitaria e a Área de Promoción e Estratexia Científica, recolle a produción científica da Universidade de Santiago de Compostela, dando visibilidade e transparencia á súa actividade investigadora.

  • Reúne nun único punto a produción científica xerada polos investigadores nas unidades organizativas definidas pola USC.
  • Incrementa a súa visibilidade e difusión dentro da comunidade científica.
  • Ofrece indicadores bibliométricos individuais e institucionais.

 

Independentemente de pertencer ou non a un grupo, inclúese o seguinte persoal investigador:

  • O persoal do Corpo Docente Universitario.
  • O profesorado na categoría de Axudantes doutores.
  • Os profesorado Contratado doutor.
  • O profesorado Emérito.
  • Os profesores Visitantes, se así o recolle o contrato ou Convenio.
  • Persoal investigador posdoutoral contratado especificamente con cargo a programas de RRHH competitivos.
  • Investigadores Distinguidos.
  • Investigadores Oportunius.
  • Investigador desprazado CSIC-USC.
  • Ex-investigadores.

 

Periodicamente actualízanse as persoas e unidades do Portal a partir da información dos servizos da USC. É posible que non apareza debido a que estea prevista a súa incorporación na seguinte actualización. En todo caso, calquera dúbida relacionada con este tema deberá enviarse ao correo: investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal)

  • Información administrativa: nome, correo institucional, adscrición á area de coñecemento, Instituto e Grupo de Investigación.
  • Información dos identificadores de autor dispoñibles: Dialnet ID, Scopus ID, ORCID, Research ID, Google Scholar, etc.
  • Listado das publicacións por anos, coa posibilidade de filtrar por tipoloxía documental, datos descritivos, indicadores bibliométricos e enlace a texto completo cando sexa posible.
  • Teses nas que participa como autor, director ou membro do tribunal.
  • Proxectos nos que ten participado ao longo da súa traxectoria investigadora.
  • Colaboración con outros investigadores e institucións.

Pode acceder ao seu perfil desde a opción Identifícate, que se atopa na parte superior dereita da pantalla. Unha vez alí, deberá seleccionar Universidade de Santiago de Compostela no sistema RedIris e, a continuación, introducir os seus datos de identificación institucional.

Unha vez identificado, aparecerá a opción Editar no seu perfil.

O investigador pode facer persoalmente dende a opción Editar as seguintes modificacións:

  • Introducir ou cambiar a foto.
  • Introducir ou modificar unha url persoal.
  • Introducir ou modificar un breve texto de presentación persoal.
  • Introducir ou modificar palabras chave que definan a súa investigación.
  • Introducir novas publicacións que bote en falta no seu perfil.
  • Engadir o seu nome preferido para que sexa o que se visualice na súa páxina de autor.

Dende a opción Editar, o autor pode descargar o seu CVN, exportar referencias bibliográficas,o informe de Impacto Normalizado a partir dos seus datos de Scopus, informe das publicacións con indicios de visibilidade e impacto en formato Word e a Memoria Académica para persoa/unidade/grupo dun ano concreto.

Unha vez identificado, situarse sobre a icona e escoller “editar o perfil”. Desde aí pódese subir unha imaxe [cambiar foto]. Os formatos permitidos son jpg. e png. de non máis de 5 megas.

Segundo os criterios establecidos pola USC e a Fundación DIALNET, se incorporan automáticamente os documentos procedentes de Dialnet, Scopus ou WoS. Tamén se poden engadir documentos que estean no catálogo da BUSC ou nalgunha biblioteca de REBIUN, documentos depositados en Minerva ou noutros repositorios e documentos que teñan un DOI estable ou unha url permanente.

Os DOI asignados por plataformas como Research Gate ou Academia.edu non son estables polo que non serían válidos. O mellor, nestes casos, é subir o documento a Minerva e, unha vez feito, comunicalo á biblioteca para incorporalo ao Portal.

Se o documento procede de Dialnet tarda entre 24 e 48 horas. Os documentos de Scopus incorpóranse unha vez á semana e os procedentes de WoS actualízanse cada 15 días. 

No caso de publicacións moi recentes hai que esperar a que Scopus incorpore os documentos na súa base de datos para que sexan visibles no Portal tras as actualizacións semanais.

Os tipos de documentos admitidos son:

  • Artigos, recensións, etc. publicados en revistas indexadas
  • Libros
  • Capítulos de libros
  • Achegas a congresos publicadas
  • Teses doutorais
  • Patentes
  • Revisión
  • Editorial
  • Carta
  • Nota
  • Artigo de datos
  • Exemplar de revista
  • Entrada de diccionario
  • Estudo breve
  • Informe
  • Documento de traballo
  • Datos de investigación

Os tipos non admitidos son:

  • Abstracts de aportacións a Congresos
  • Aportacións en blogs ou plataformas dixitais
  • Congresos virtuais ou non publicados
  • Artigos de prensa ou noticas en xornais
  • Póster de Congreso
  • Entrevistas
  • Plataformas de preprints (só se incluen preprints de Scopus ou WoS, xa que con posterioridade pasan ao estadio de publicacións)
  • Podcast.
  • Obras de arte
  • Audiovisuais ou vídeos
  • Partituras ou composicións musicais
  • Estudos clínicos
  • Material cartográfico
  • Notas de xurisprudencia
  • Software ou código fonte
  • Journal Citation Indicator (JCI)
  • Clasificación Integrada de revistas Científicas (CIRC)
  • Indice Dialnet de Revistas (IDR)
  • SCImago Journal Rank (SJR)
  • Citas recibidas en Google Scholar
  • Citas recibidas en Dialnet Métricas
  • Citas recibidas en Scopus
  • CiteScore

Se ten publicacións con tipoloxía documental admitida e que non aparcen no seu perfil, ten varias opcións:

  • Entregar un exemplar da publicación na Biblioteca
  • Subilo a Minerva e comunicalo á Biblioteca (Guía de axuda)
  • Introducilas manualmente. Se incorporarán ao portal artigos de revistas indexadas, libros, capítulos de libros e achegas a congresos publicadas. Dende a opción Editar o autor pode solicitar a incorporación de novas publicacións que bota en falta no Portal. Debe ir a “nueva publicación” e introducir o DOI ou url para que se descarguen os datos. Se a publicación non ten DOI terá a opción de introducir todos os datos da publicación. A nova publicación quedará en "Publicaciones Pendientes" á espera de que dende a biblioteca sexa validada e se incorpore ao Portal. 

A corrección de erros nas publicacións ten que facerse dende a fonte de onde proceden os datos (Scopus, Dialnet,...). Debe enviar un correo a investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal) para xestionar a corrección.

O investigador non pode eliminalas. Terá que notificar a incidencia á Biblioteca no seguinte correo investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal)

Estase a traballar para que as duplicidades se reduzan ao máximo. Notifique a incidencia á biblioteca a través de  investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal)

Cando son moi recentes pode ser que aínda non se incorporaran ao Portal. Se son antigos debe comunicalo á Biblioteca a través do enderezo  investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal) para que se leven a cabo as comprobacións necesarias.

É posible que se deba a erros en Scopus, como a duplicidade de identificadores de autor. Pode facer a comprobación e reclamación directamente en Scopus ou comunicalo á Biblioteca para xestionalo.

A maioría dos erros proceden das bases de datos que alimentan ao Portal (Scopus e Dialnet). As correccións é necesario facelas nesas bases de datos e poden demorar ata un mes en Scopus, sempre que consideren procedente a corrección, e unha semana no caso de Dialnet.

Son admitidas a autoría, dirección, titoría e participación en tribunais.

Si. Teñen que comunicarse os datos da tese á Biblioteca e achegar algún documento que acredite a súa autoría ou participación no tribunal.

Actualmente no perfil do investigador do Portal aparecen só os proxectos nos que se forma parte do equipo de investigación. Polo de agora, non se inclúen os proxectos nos que se figura no equipo de traballo. Agárdase que se podan incluír no futuro.

Actualmente no Portal só se reflicten as actividades xestionadas na USC. Está prevista a súa incorporación nun futuro próximo. O investigador pode remitir a documentación acreditativa da súa participación nos distintos proxectos/actividades á dirección de correo electrónico: investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal) para que se poida ir rexistrando a información.

Polo momento, só aparecen no Portal aquelas actividades financiadas a través de convocatoria competitiva (proxectos internacionais, nacionais, autonómicos ou entidades sen ánimo de lucro). Estase a tramitar unha mellora no Portal que permitirá a inclusión destas actividades.

No caso de proxectos con un IP e un co-IP, actualmente o Portal os ordena alfabeticamente. Estase a ver coa entidade que desenvolve o Portal a posibilidade para poder modificar esta orde e que apareza o primeiro IP e logo o segundo IP.

The contents of this page were updated on 04.22.2025.