O Portal, xestionado pola Biblioteca Universitaria e a Área de Promoción e Estratexia Científica, recolle a produción científica da Universidade de Santiago de Compostela, dando visibilidade e transparencia á súa actividade investigadora.
- Reúne nun único punto a produción científica xerada polos investigadores nas unidades organizativas definidas pola USC.
- Incrementa a súa visibilidade e difusión dentro da comunidade científica.
- Ofrece indicadores bibliométricos individuais e institucionais.
Independentemente de pertencer ou non a un grupo, inclúese o seguinte persoal investigador:
- O persoal do Corpo Docente Universitario.
- O profesorado na categoría de Axudantes doutores.
- Os profesorado Contratado doutor.
- O profesorado Emérito.
- Os profesores Visitantes, se así o recolle o contrato ou Convenio.
- Persoal investigador posdoutoral contratado especificamente con cargo a programas de RRHH competitivos.
- Investigadores Distinguidos.
- Investigadores Oportunius.
- Investigador desprazado CSIC-USC.
- Ex-investigadores.
Periodicamente actualízanse as persoas e unidades do Portal a partir da información dos servizos da USC. É posible que non apareza debido a que estea prevista a súa incorporación na próxima actualización. En todo caso, calquera dúbida neste tema deberá enviarse a investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal)
- Información administrativa: nome, correo institucional, adscrición á area de coñecemento, Instituto e Grupo de Investigación.
- Información dos identificadores de autor dispoñibles: Dialnet ID, Scopus ID, ORCID, Research ID, Google Scholar, etc.
- Listado das publicacións por anos, coa posibilidade de filtrar por tipoloxía documental, datos descritivos, indicadores bibliométricos e enlace a texto completo cando sexa posible.
- Teses nas que participa como autor, director ou membro do tribunal.
- Proxectos nos que ten participado ao longo da súa traxectoria investigadora.
- Colaboración con outros investigadores e institucións.
Pode acceder ao seu perfil desde a opción Identifícate, que se atopa na parte superior dereita do Portal. Unha vez alí, deberá seleccionar Universidade de Santiago de Compostela no sistema RedIris e, a continuación, introducir os seus datos de identificación institucional.
Unha vez identificado, aparecerá a opción Editar no seu perfil.
O investigador pode facer persoalmente dende a opción Editar as seguintes modificacións:
- Introducir ou cambiar a foto.
- Introducir ou modificar unha url persoal.
- Introducir ou modificar un breve texto de presentación persoal.
- Introducir ou modificar palabras chave que definan a súa investigación.
- Introducir novas publicacións que bote en falta no seu perfil.
Dende a opción Editar, o autor pode descargar o seu CVN e o informe de Impacto Normalizado a partir dos seus datos de Scopus. Tamén se habilitará en breve a descarga das súas publicacións en distintos formatos.
Unha vez identificado, situarse sobre a icona e escoller “editar o perfil”. Desde aí pódese subir unha imaxe [cambiar foto]. Os formatos permitidos son jpg. e png. de non máis de 5 megas.
O Portal actualízase diariamente cos contidos das publicacións procedentes de Dialnet, incluíndo as súas métricas, e semanalmente cos datos de Scopus. Está prevista a incorporación das publicacións indexadas noutras bases de datos.
Se o documento procede de Dialnet tarda entre 24 e 48 horas. Os documentos de Scopus incorpóranse unha vez á semana.
No caso de publicacións moi recentes hai que esperar a que Scopus incorpore os documentos na súa base de datos para que sexan visibles no Portal tras as actualizacións semanais.
Neste momento existen dúas fontes de alimentación directas: Dialnet e Scopus. Tamén poden engadirse publicacións procedentes de Minerva e outras que teñan un DOI consistente que nos permita extraer os metadatos do documento.
Os DOI de documentos en Research Gate, por exemplo, non o permiten. Neste caso sería aconsellable que se subira o documento a Minerva e, unha vez feito, comunicalo á biblioteca para incorporalo ao Portal.
Os tipos de documentos admitidos son:
- Artigos, recensións, etc. publicados en revistas indexadas
- Libros
- Capítulos de libros
- Achegas a congresos publicadas
- Teses doutorais
- Patentes
Os tipos non admitidos son:
- Resumos das achegas a congresos
- Entrevistas
- Aportacións en blogs ou plataformas dixitais
- Congresos virtuais ou non publicados
- Journal Citation Indicator (JCI)
- Clasificación Integrada de revistas Científicas (CIRC)
- Indice Dialnet de Revistas (IDR)
- SCImago Journal Rank (SJR)
- Citas recibidas en Google Scholar
- Citas recibidas en Dialnet Métricas
- Citas recibidas en Scopus
- CiteScore
Se ten publicacións con tipoloxía documental admitida e que bota en falta no Portal, ten varias opcións:
- Entregar un exemplar da publicación na Biblioteca
- Subilo a Minerva e comunicalo á Biblioteca (Guía de axuda)
- Introducilas manualmente. Se incorporarán ao portal artigos de revistas indexadas, libros, capítulos de libros e achegas a congresos publicadas. Dende a opción Editar, o autor pode solicitar a incorporación de novas publicacións que bota en falta no Portal. Debe ir a “nueva publicación” e introducir o DOI ou url para que se descarguen os datos. Se a publicación non ten DOI terá a opción de introducir todos os datos da publicación. A nova publicación quedará en "Publicaciones Pendientes" á espera de que dende a biblioteca sexa validada e se incorpore ao Portal.
A corrección de erros nas publicacións ten que facerse dende a fonte de onde proceden os datos (SCOPUS, DIALNET,...). Debe enviar un correo a investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal) para xestionar a corrección.
O investigador non pode eliminalas. Terá que notificar a incidencia á Biblioteca no seguinte correo investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal)
Estase a traballar para que as duplicidades se reduzan ao máximo. Notifique a incidencia á biblioteca a través de investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal)
Cando son moi recentes pode ser que aínda non se incorporaran ao Portal. Se son antigos debe comunicalo á Biblioteca a través do enderezo investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal) para que se leven a cabo as comprobacións necesarias.
É posible que se deba a erros en SCOPUS, como a duplicidade de identificadores de autor. Pode facer a comprobación e reclamación directamente en SCOPUS ou comunicalo á Biblioteca para xestionalo.
A maioría dos erros proceden das bases de datos que alimentan ao Portal (SCOPUS e DIALNET). As correccións é necesario facelas nesas bases de datos e poden demorar ata un mes en SCOPUS, sempre que consideren procedente a corrección, e unha semana no caso de Dialnet.
Autoría, dirección, titoría e participación en tribunais.
Si. Teñen que comunicarse os datos da tese á Biblioteca e achegar algún documento que acredite a súa autoría ou participación no tribunal.
Actualmente no perfil do investigador do Portal aparecen só os proxectos nos que se forma parte do equipo de investigación. Polo de agora, non se inclúen os proxectos nos que se figura no equipo de traballo. Agárdase que se podan incluír no futuro.
Actualmente no Portal só se reflicten as actividades xestionadas na USC. Está previsto a súa incorporación nun futuro próximo, polo que o investigador pode remitir a documentación acreditativa da súa participación nos distintos proxectos/actividades á dirección de correo electrónico: investigacion.portalproducioncientifica [at] usc.gal (investigacion[dot]portalproducioncientifica[at]usc[dot]gal) para que se poida ir rexistrando a información.
Polo momento, só aparecen no Portal aquelas actividades financiadas a través de convocatoria competitiva (proxectos internacionais, nacionais, autonómicos ou entidades sen ánimo de lucro). Estase a tramitar unha mellora no Portal que permitirá a inclusión destas actividades.
No caso de proxectos con un IP e un co-IP, actualmente o Portal os ordena alfabeticamente. Estase a ver coa entidade que desenvolve o Portal a posibilidade para poder modificar esta orde e que apareza o primeiro IP e logo o segundo IP.