O Portal da Investigación nace co obxectivo de difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de investigación da nosa Institución.
Xestionado pola Biblioteca Universitaria e a Área de Promoción e Estratexia Científica, facilita o acceso ás publicacións e datos de investigación, mellorando a reproducibilidade da investigación e contribuíndo aos obxectivos da ciencia aberta. Ademais, establece unha relación entre o financiamento e os seus resultados, realizando un exercicio de transparencia ao tempo que mellora a visibilidade e o impacto da institución.
Os autores PDI poden solicitar a incorporación das publicacións que queiran engadir ao Portal dende o seu perfil. Teñen información sobre o proceso na sección de Preguntas frecuentes.