Con Uxía Gómez Medal (violín) e Esteban García Vidal (fagot)

O terceiro dos recitais do ciclo Novos Talentos Musicais terá lugar o martes 15 de febreiro, ás 20.30 h no Paraninfo da USC.
A violinista Uxía Gómez Medal interpretará o Concerto para violín e orquestra Nº1, Op.26 de Max Bruch, co acompañamento ao piano de Haruna Tabeke. A seguir, o fagotista Esteban García Vidal tocará o Concerto en mi menor para fagot e orquestra de Antonio Vivaldi e a Romanza para fagot e piano de Edward Elgar. Contará con acompañamento ao piano de Álvaro Blanco Seoane.
A entrada é de balde previa inscrición na ligazón inferior, que estará activa unha semana antes do concerto.
O IV Ciclo Novos Talentos Musicais é unha actividade desenvolvida pola Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos e a Asociación Compostela Sound.