Ir o contido principal

Concerto

IV Ciclo Novos Talentos Musicais

15.02.2022 | 20.30h

Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade

Con Uxía Gómez Medal (violín) e Esteban García Vidal (fagot)

IV Ciclo Novos Talentos Musicais
IV Ciclo Novos Talentos Musicais

O terceiro dos recitais do ciclo Novos Talentos Musicais terá lugar o martes 15 de febreiro, ás 20.30 h no Paraninfo da USC. 

A violinista Uxía Gómez Medal interpretará o Concerto para violín e orquestra Nº1, Op.26 de Max Bruch, co acompañamento ao piano de Haruna Tabeke. A seguir, o fagotista Esteban García Vidal tocará o Concerto en mi menor para fagot e orquestra de Antonio Vivaldi e a Romanza para fagot e piano de Edward Elgar. Contará con acompañamento ao piano de Álvaro Blanco Seoane.

A entrada é de balde previa inscrición na ligazón inferior, que estará activa unha semana antes do concerto. 

O IV Ciclo Novos Talentos Musicais é unha actividade desenvolvida pola Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos e a Asociación Compostela Sound. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.02.2022.