Skip to main content

Exposición

'Deber de Baltar. Medicina e Compromiso'

04.11.2022-04.16.2022 | 11.00h-20.30h

Santiago de Compostela
Sala do artesoado e capela

Promovida polo Concello de Santiago, coa colaboración da USC, a Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

Exposición 'Deber de Baltar. Medicina e compromiso'
Exposición 'Deber de Baltar. Medicina e compromiso'

Do 19 de febreiro ao 16 de abril, o Colexio de Fonseca acollerá a exposición 'Deber de Baltar. Medicina e compromiso'. O salón do artesoado e a capela atesouran esta mostra comisariada por Pepe Barro que se achega á saga familiar de Ángel Baltar, médico-cirurxián con orixe en Padrón, e dous dos seus fillos, os tamén médicos Antonio e Ramón Baltar Domínguez. 

Alén da vida en Padrón e a orixe da saga, a exposición visita a biblioteca familiar,  o Sanatorio que recibiu o nome da familia, o seu labor no Hospital Real, o exilio de Antonio Baltar, o paraíso que a familia construíu en Tanxil e o compromiso cultural e político dos seus integrantes. 

Trátase dunha mostra promovida polo Concello de Santiago, coa colaboración da USC, a Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña. 

Tras a inauguración,  a exposición poderá ser visitada de luns a venres de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas. 

 

The contents of this page were updated on 04.11.2022.