Promovida polo Concello de Santiago, coa colaboración da USC, a Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

Do 19 de febreiro ao 16 de abril, o Colexio de Fonseca acollerá a exposición 'Deber de Baltar. Medicina e compromiso'. O salón do artesoado e a capela atesouran esta mostra comisariada por Pepe Barro que se achega á saga familiar de Ángel Baltar, médico-cirurxián con orixe en Padrón, e dous dos seus fillos, os tamén médicos Antonio e Ramón Baltar Domínguez.
Alén da vida en Padrón e a orixe da saga, a exposición visita a biblioteca familiar, o Sanatorio que recibiu o nome da familia, o seu labor no Hospital Real, o exilio de Antonio Baltar, o paraíso que a familia construíu en Tanxil e o compromiso cultural e político dos seus integrantes.
Trátase dunha mostra promovida polo Concello de Santiago, coa colaboración da USC, a Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña.
Tras a inauguración, a exposición poderá ser visitada de luns a venres de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas.