Skip to main content

O XVIII Premio Aresa distingue a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría como axente de modernización do medio rural

El XVIII Premio Aresa distingue a la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería como agente de modernización del medio rural
El XVIII Premio Aresa distingue a la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería como agente de modernización del medio rural
O xurado do XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este...
Lugo

O xurado do XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC pola súa “incuestionable contribución á modernización e ao desenvolvemento do medio rural galego durante os últimos 50 anos”, segundo salientou o reitor da USC, Juan Viaño, quen tamén agradeceu a concesión deste galardón a un centro universitario que comezou a súa actividade en Lugo hai 50 anos como Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Agrícola (Euita).

 

A candidatura gañadora resultou escollida por unanimidade entre un total de 14 propostas presentadas, logo de que os integrantes do xurado, presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, examinaran a documentación recibida e tralas oportunas deliberacións ao respecto. O presidente do grupo empresarial Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o reitor da Universidade de León, Juan Francisco García Marín; o director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Manuel López Luaces, e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno, tamén formaron parte do tribunal encargado de xulgar as candidaturas presentadas ao XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

 

O presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, salientou na súa intervención o importante cometido desenvolvido durante o último medio século no eido da docencia e tamén a través de proxectos de I+D+i pola EPSE da USC, un centro universitario que se ten convertido nun axente de importancia capital no proceso de modernización e desenvolvemento experimentado polo medio rural de Galicia.

 

Rodríguez Eiras destacou asemade a calidade de todas as candidaturas presentadas a esta edición do Premio Aresa, cuxa cerimonia de entrega se desenvolverá previsiblemente o 16 de febreiro de 2018 na Facultade de Veterinaria de Lugo, segundo adiantou.

 

A condición da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, que este ano 2017 conmemora o 50 aniversario da implantación dos estudos de enxeñaría agrícola en Galicia, como centro de formación de centenares de enxeñerios do ámbito agrónomico e forestal, e o recoñecemento das súas titulacións de grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Xeomática e Topografía e Enxeñaría Civil entre os mellores títulos universitarios de España, segundo o Ránking elaborado pola Fundación BBVA, son algúns dos méritos tidos en conta polo xurado na concesión do XVIII Premio Aresa, un fallo en cuxa votación non participaron o reitor da USC nin o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, segundo relatou Rodríguez Eiras.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.