O Campus Terra da USC participa na reunión da Rede de Campus de Excelencia con Actividade Agroalimentaria da Fundacion Triptolemos en Zaragoza

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, participou na reunión da Rede de Campus de Excelencia (RED CEI) con Actividade Agroalimentaria da Fundacion Triptolemos que tivo lugar o pasado 8 de novembro na sala Pedro Cerbuna do Paraninfo da Universidade de Zaragoza.
A reunión do plenario do Consello de Xestión da RED CEI celebrouse no marco do III Congreso de Gastronomía e Saúde, e contou coa presenza do seu coordinador Juan Barbacil, quen explicou a traxectoria do evento desde o seu nacemento ata culminar nesta ocasión cun aforamento de máis de 600 participantes e un selecto grupo de relatores reunidos ao redor das tendencias da gastronomía.
O Presidente da RED CEI, CeiA3 e reitor da Universidade de Córdoba, José Carlos Gómez Villamandos, fixo énfase no interese en que a RED avance e en dar maior visibilidade aos campus a nivel do sector empresarial, a nivel estatal e da propia CRUE.
Entre outros puntos da orde do día, incluíuse da man do seu director Rafael Pagán a exposición sobre os proxectos e actividades do Instituto Agroalimentario de Aragón (IA2), que conta con 262 investigadores e 36 grupos de investigación, e do Campus de Excelencia Internacional 'Campus Iberus', que é a alianza estratéxica das universidades do Val do Ebro (Zaragoza, Lleida, Pública de Navarra e A Rioxa).
Finalmente, contouse coa intervención da Vicerreitora de investigación e directora da RED OTRI da CRUE, Pilar Zaragoza. A RED CEIAA é a maior REDE de universidades en torno ao sistema alimentario e atópase organizada en 4 ámbitos. En Zaragoza, salientouse o da gastronomía e restauración.