Skip to main content

O Campus Terra da USC forma a docentes, investigadores e persoal de administración e servizos nas claves da educación non presencial

El Campus Terra de la USC forma a docentes, investigadores y personal de administración y servicios en las claves de la educación no presencial
El Campus Terra de la USC forma a docentes, investigadores y personal de administración y servicios en las claves de la educación no presencial
A Facultade de Humanidades acolleu este venres a clausura das ‘I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial’, nas que ao longo de tres días e baixo o lema ‘O desafío do ensino...
Lugo

A Facultade de Humanidades acolleu este venres a clausura das ‘I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial’, nas que ao longo de tres días e baixo o lema ‘O desafío do ensino online para as universidades tradicionais’, distintas conferencias, mesas redondas e obradoiros afondaron nas contornas virtuais de aprendizaxe, ao abeiro dun programa específico destinado tanto a persoal docente e investigador como a persoal de administración e de servizos dos campus de Lugo e Santiago da USC.

 

A profesora da Universidade de Deusto Sonia Arranz pronunciou a conferencia inaugural destas xornadas cunha intervención que levou por título ‘Retos da formación en liña e semipresencial nas nosas universidades’. A continuación, Víctor Martín García, da Universidade de Salamanca, abordou a ‘Implementación e adopción da metodoloxía Blended Learning na educación universitaria’. A primeira xornada concluíu coas mesas redondas ‘A xestión normativa da docencia semipresencial’ e ‘ Aula virtual e aulas presenciais nos modelos de docencia semipresencial’.

 

A sesión do 26 de outubro constou de dous obradoiros. No primeiro deles, a xornalista Teresa Blasco Roselló explicou aos asistentes como enfrontarse ao reto de educar a través dunha cámara. Neste taller, os e as asistentes puideron afondar nas claves da comunicación audiovisual, tales como o uso da mirada, as pausas, a xesticulación, ou a entoación. Pola súa parte, Xosé María Mahou Lago e Mónica López Viso, da Universidade de Vigo, afondaron nas claves da boa coordinación dunha titulación de máster en liña a través da súa propia experiencia no mestrado en Dirección Pública e Liderado.

 

A derradeira xornada estivo centrada nos MOOCs (Massive Open Online Course). Pedro Pernías Peco, da Universidade de Alacante, pronunciou a conferencia ‘Por que fago MOOC (e por que ti  tamén deberías)?’. A subdirectora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe da USC, Beatriz García Antelo, falou da I  Convocatoria  de  Proxectos  de  Innovación  Educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia que se levou a cabo durante o pasado curso. As xornadas pecháronse co obradoiro  ‘Aspectos a ter en conta á hora de deseñar un  MOOC’, que foi impartido por Elena González de la Cámara Cayuela, de eTIC Factoría de Formación. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.