Aberto o prazo para inscribirse no programa de apoio á innovación e o emprendemento Explorer

Santander X acolle o primeiro programa de apoio á innovación e o emprendemento Explorer. Unha iniciativa que recolle a experiencia das 8 edicións do programa Santander YUZZ ‘Mozos con ideas’, e que evolucionou para integrarse e ser membro da comunidade global que conecta a emprendedores de todo o mundo.
Os mellores proxectos poderán acceder a Explorer Award, con 60.000 euros que se repartirán en diferentes premios en metálico (10.000, 20.000 e 30.000 euros) e outros premios en especie (como viaxes a Silicon Valley para os mellores proxectos), que suman máis de 200.000 euros de axudas.
Ata o 8 de decembro é posible presentar un proxecto e ser seleccionado para participar na edición de 2018. Para iso é preciso seguir os seguintes pasos:
- Rexístrate como usuario co código EXPLORERS17102331Q
- Completa o teu perfil.
- Comparte a túa idea ou proxecto. Canta máis información inclúas, será máis fácil que te seleccionen para formar parte desta edición.
- Busca a convocatoria Explorer do teu país no menú principal (participa en convocatorias) e inscríbete.
Explorer é a evolución do programa Santander YUZZ, promovido por Banco Santander e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE). Durante 5 meses, Explorer proporcionarache:
- Formación en creación e xestión empresarial, creatividade e innovación con novas metodoloxías. Todo a través de workshops e charlas.
- Mentorización e asesoramento personalizado cos nosos máis de 200 profesionais expertos.
- Acceso a zonas de coworking nos Explorer Spaces.
- Participación en eventos como o Explorer Day. Un encontro que reúne a toda a comunidade Explorer, co obxectivo de facer networking e vivir unha experiencia única.
- Acceso a contidos, ferramentas e distintos servizos de X, a través da súa plataforma dixital.
Non o penses máis. #JoinTheX #ExplorerByX