A empresa Innolact xurdida no Campus Terra da USC, galardoada nos premios Galicia Spin-Off

Innolact, spin-off da USC no Campus Terra, recolleu este luns na sede de Feuga os premios que anualmente convocan Pastor e o portal Gciencia para distinguir os proxectos empresariais máis relevantes vinculados ás universidades galegas.
No apartado Selo de Calidade, que recoñece as traxectorias máis consolidadas, a gañadora deste edición foi Innolact, unha compañía que naceu como unha spin-off da USC en 2006 e que ao longo destes anos tivo unha importante traxectoria internacional que lle permitiu levar os seus produtos derivados do leite, a través principalmente da marca Quescrem, aos cinco continentes e a máis de 30 países. A innovación foi un factor determinante na súa evolución e a empresa dispón dun departamento propio de I+D+I, en constante colaboración co Centro Tecnolóxico Lácteo de Lugo (CTLácteo) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)