O Campus Terra da USC clausura este venres o foro de debate “A xestión cultural como espazo profesional”

A Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC acolleu este xoves a segunda sesión do foro de debate “A xestión cultural como espazo profesional” no que profesionais do sector aportan as súas opinións e suxestións sobre o grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da USC, e cuxa derradeira xornada terá lugar este venres a partir das 10:00 horas no Laboratorio de Idiomas.
Dinamizado pola responsable de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, este foro acolleu na súa segunda sesión as intervencións da Fundación Olga Gallego Domínguez; Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia; Marcos Lorenzo en representación do título de Experto Universitario en Xestión Cultural; Deputación de A Coruña; Concello de Lugo; Museo Catedralicio de Lugo; Ouvirmos, s.l.; e Nócomún.
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva; o vicedecano da Facultade de Humanidades, Gonzalo Fernández; e a xestora de especialización da Oferta Docente do Campus Terra, Margarita Vilela, tamén participaron no acto.