Skip to main content

O Campus Terra amplía ata o 29 de setembro a inscrición no taller de fotografía química que se desenvolverá en Veterinaria

El Campus Terra amplía hasta el 29 de septiembre la inscripción en el taller de fotografía química que se desarrollará en Veterinaria
El Campus Terra amplía hasta el 29 de septiembre la inscripción en el taller de fotografía química que se desarrollará en Veterinaria
A Oficina de Cultura da USC no Campus Terra vén de ampliar ata o 29 de setembro o prazo de inscrición no obradoiro de fotografía química incluído na programación formativa do Espazo de Fotografía da...
Lugo

A Oficina de Cultura da USC no Campus Terra vén de ampliar ata o 29 de setembro o prazo de inscrición no obradoiro de fotografía química incluído na programación formativa do Espazo de Fotografía da USC na sede universitaria luguesa e que será impartido por Eduardo Ochoa, fotógrafo e integrante do Grupo Cinematográfico Fonmiñá.

 

Os contidos deste obradoiro permitirán ao alumnado ampliar o seus coñecementos sobre o funcionamento dunha cámara fotográfica, ademais de aprender as técnicas e recursos para sacarlle todo o partido posible á imaxe no  laboratorio. O programa deste curso, o primeiro dos que celebrará o Espazo de Fotografía da USC en Lugo, tamén contempla o estudo da obra dos grandes mestres da fotografía.

 

As clases deste taller de fotografía química, estruturado en 25 horas formativas e para o que se ofrecen un máximo de 15 prazas, desenvolveranse os luns e mércores na aula 8 da Facultade de Veterinaria de Lugo en quenda de tarde, de 19.00 a 21.30 horas. As sesión formativas comezarán o 2 de outubro e rematarán o 8 de novembro.

 

O XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra, unha das actividades programadas pola Oficina de Cultura da USC en Lugo ao abeiro do convenio Lugocultural, mantén aberto o prazo para inscribirse ata as 14.00 horas do luns 25. Os participantes nesta edición do certame coñecerán ao día seguinte, ás 10.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o tema proposto pola organización.

 

Aula de Teatro USC-Lugo

A Aula de Teatro USC-Lugo, coordinada por Paloma Lugilde, celebrará unha reunión informativa o luns 25, ás 20.00 horas, nas instalacións da Aula de Teatro, sita no edificio de aularios da Facultade de Veterinaria, para dar a coñecer a todas as persoas interesadas as distintas actividades programadas este curso pola USC para achegarse ao mundo do teatro, ampliar os coñecementos e a formación, así como para formar parte da compañía de teatro USC-Lugo.

 

A programación da Aula de Teatro da USC en Lugo mantén abertos os prazos de inscrición en todos os cursos ofertados para este curso. A primeira das actividades formativas é o obradoiro de monicreques impartido por Marga Portomeñe e cuxas sesións formativas comezarán o mércores 27. O prazo de inscrición aínda está aberto.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.