Skip to main content

Mesa redonda

'Ucraína: información e propaganda bélica. Pola paz perpetua'

03.29.2022 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Organizada polo Mestrado en Filosofía 'Coñecemento e Cidadanía' coa colaboración da Facultade de Filosofía.

Mesa redonda 'Ucraína: información e propaganda bélica. Pola paz perpetua'
Mesa redonda 'Ucraína: información e propaganda bélica. Pola paz perpetua'

O martes, día 29 de marzo de 2022 ás 19.00 horas, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filosofía, unha mesa redonda titulada 'Ucraína: información e propaganda bélica. Pola paz perpetua'.

Esta sesión, organizada polo Mestrado en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía, que coordina o profesor Martín González Fernández, forma parte das actividades complementarias do mestrado e está aberta  ao público xeral.

A mesa redonda será moderada polo profesor Manuel Outeiriño e contará coas intervencións do politólogo Xoán Hermida, alumno egresado do Máster en Filosofía; da profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC,  Soliña Barreiro;  e de Aída Ariño, experta en mediacións en conflitos bélicos das Nacións Unidas. 

Nun conflito bélico ademais dos aspectos puramente militares e estratéxicos, existe tamén unha guerra de información (des-información) e de propaganda que libran as partes en conflito. Este será un dos temas que abordarán as persoas participantes  nesta mesa que evoca o subtítulo dunha obra filosófica do filósofo Manuel Kant, A Paz Perpetua, unha alegación en prol da concordia e da paz entre as nacións que segue de actualidade, malia aos séculos transcorridos desde a súa publicación.

The contents of this page were updated on 03.28.2022.