Dúas conferencias en Ciencias Políticas analizarán o Brexit e as tendencias políticas na globalización

Ciencias Políticas e Sociais conmemorará a vindeira semana a festividade do seu patrón con dúas conferencias o luns 2 e o mércores 4 do analista Pablo Simón Cosano e do catedrático Michael Keating. Na primeira cita, o analista político Pablo Simón pronunciará o relatorio titulado ‘ Perdedores da globalización e da extrema dereita’ nunha sesión ás 11.00 horas no Salón de Actos da Facultade.
Pablo Simón é doutora en Ciencias Políticas pola Universitay Pompeu Fabra e foi investigador posdoutoral na Universidade Libre de Bruxelas. A súa principal área de especialización son os sistemas electorais, tanto nas súas causas como nas súas consecuencias, así como o sistemas de partidos, a política comparada, a participación política da xuventude e as dinámicas de competición electoral. Actualmente é profesor visitante na Universidade Carlos III de Madrid onde combina o seu traballo con actividades divulgativas fóra da academia.
Brexit
O catedrático de Política Escocesa na Universidade de Aberdeen Michael Keating tomará o relevo o mércores 4 coa conferencia ‘Brexit: feitos e desafíos para a Unión Europea e o Reino Unido’ , a partir das 12.30 horas no Salón de Actos da Facultade. Keating é especialista en nacionalismo, política europea e é director do Centre for Constitutional Change, entidade punteira no estudo do cambio constitucional e política territorial do Reino Unido.
O conferenciante foi profesor visitante en universidades de España, Francia, Australia e catedrático de Ciencia Política do Instituto de Estudios Europeos de Florencia. É autor de máis de 18 monografías entre as que destacan: Nations against the State: The New Politics of Nationalism in Quebec, Catalonia and Scotland (Macmillan, 1996), Plurinational Democracy: Stateless Nations in a Post-Sovereignty Era (Oxford University Press, 2001), Rescaling the European State (Oxford University Press, 2013) ou, máis recentemente, Debating Scotland (Oxford University Press, 2017). O profesor Keting é membro da Royal Society of Edinburgh, da British Academy, Academy of Social Sciences e da European Academy.