Skip to main content

Conferencia

'Estudar e investigar no Xapón: bolsas do goberno xaponés'

04.21.2022 | 11.00h

Salón de Graos
Santiago de Compostela

Conferencia a cargo da coordinadora de Cultura e Educación da Embaixada do Xapón en España, Paloma Valor Bonillo

Conferencia 'Estudar e investigar no Xapón: bolsas do goberno xaponés'
Conferencia 'Estudar e investigar no Xapón: bolsas do goberno xaponés'

A Facultade de Ciencias Políticas, o Centro de Linguas Modernas e a Embaixada de Xapón en España colaboran na organización dunha sesión divulgativa que busca dar a coñecer os programas de axudas con convocatorias fixas para as persoas interesadas en cursar estudos nese país. 

O xoves, 21 de abril ás 11.00 horas, a coordinadora de Cultura e Educación da Embaixada do Xapón en España, Paloma Valor Bonillo, ofrecerá a conferencia 'Estudar e investigar no Xapón: bolsas do goberno xaponés' no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas. 

A sesión procura achegar ás persoas interesadas información sobre os catro tipos esenciais de bolsas que ofrece o Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía do Xapón. As bolsas Monbukagakusho apoian a realización de estudos xaponeses, a formación de profesorado, os estudos de grao e a formación especializada. 

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.

 

The contents of this page were updated on 04.01.2022.