Conferencia a cargo da coordinadora de Cultura e Educación da Embaixada do Xapón en España, Paloma Valor Bonillo

A Facultade de Ciencias Políticas, o Centro de Linguas Modernas e a Embaixada de Xapón en España colaboran na organización dunha sesión divulgativa que busca dar a coñecer os programas de axudas con convocatorias fixas para as persoas interesadas en cursar estudos nese país.
O xoves, 21 de abril ás 11.00 horas, a coordinadora de Cultura e Educación da Embaixada do Xapón en España, Paloma Valor Bonillo, ofrecerá a conferencia 'Estudar e investigar no Xapón: bolsas do goberno xaponés' no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas.
A sesión procura achegar ás persoas interesadas información sobre os catro tipos esenciais de bolsas que ofrece o Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía do Xapón. As bolsas Monbukagakusho apoian a realización de estudos xaponeses, a formación de profesorado, os estudos de grao e a formación especializada.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.