Skip to main content

Concerto

IXOR saxofóns

04.19.2022 | 20.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

IXOR é o proxecto educativo desenvolvido por Pablo Coello no Conservatorio Superior de Música da Coruña ao redor da interpretación da música clásica contemporánea.

Cartel do concerto
Cartel do concerto

O proxecto, que abarca todas as disciplinas instrumentais, preséntase nesta ocasión como grupo de saxofóns nas mans de David Luis García, Diego Garrido, Liliana Ortega, Efrén Soto e Sérgio Piñeiro. 

O día 19 de abril ás 20.30 h, o grupo levará ao Paraninfo da USC o recital SaX-Xperiencie, un percorrido por tres cuartetos de saxofón do repertorio clásico contemporáneo a través das obras Fabien Levy, Jacobo Gaspar, Françoise Rossé e Robin Hoffman. 

Entre as composicións que interpretará IXOR, destácase a presentación en Galicia do DURCH In memoriam Gérard Grisey, de Fabien Levy, e Le Frêne Égaré, de Rossé, unha das obras para saxofón solo referentes do repertorio clásico contemporáneo.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 

 

The contents of this page were updated on 04.18.2022.