IXOR é o proxecto educativo desenvolvido por Pablo Coello no Conservatorio Superior de Música da Coruña ao redor da interpretación da música clásica contemporánea.

O proxecto, que abarca todas as disciplinas instrumentais, preséntase nesta ocasión como grupo de saxofóns nas mans de David Luis García, Diego Garrido, Liliana Ortega, Efrén Soto e Sérgio Piñeiro.
O día 19 de abril ás 20.30 h, o grupo levará ao Paraninfo da USC o recital SaX-Xperiencie, un percorrido por tres cuartetos de saxofón do repertorio clásico contemporáneo a través das obras Fabien Levy, Jacobo Gaspar, Françoise Rossé e Robin Hoffman.
Entre as composicións que interpretará IXOR, destácase a presentación en Galicia do DURCH In memoriam Gérard Grisey, de Fabien Levy, e Le Frêne Égaré, de Rossé, unha das obras para saxofón solo referentes do repertorio clásico contemporáneo.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.