Skip to main content

A comunidade universitaria terá prezos reducidos para o partido entre Monbus-Obradoiro e Unicaja

Captura da web de Monbus Obradoiro
Captura da web de Monbus Obradoiro

A comunidade universitaria da USC poderá acceder ao próximo partido que o Monbus Obradoiro disputará o mércores 11 de abril fronte o Unicaja con prezos reducidos. Esta é unha promoción pola que cada persoa que acredite a súa pertenza á comunidade universidade poderá mercar un máximo de dúas entradas a 10€ cada unha para Tribuna 2 ata esgotar as localidades dispoñibles. O encontro disputarase ás 20.30 horas fronte ao Unicaja, equipo que este ano participa na Euroliga.

As persoas que desexen beneficiarse desta promoción terán que mercar as entradas a través da páxina web do club. Primeiro deberá escoller o partido, a continuación seleccionar a zona (a escoller Tribuna 2 Norte ou Tribuna 2 Sur), escoller o asento ou asentos e insertar o código promocional USC1718 para obter as entradas a prezo especial.

The contents of this page were updated on 03.27.2018.