Santiago de Compostela
O reitor da USC, Antonio López, presidirá o acto

A Aula Magna da Facultade de Química acollerá o acto de graduación da promoción 2018-2022 do Grao en Química. O evento arrancará ás 12.15 horas e será presidido polo reitor da USC, Antonio López.
Nel intervirán tamén Sergio Sóñora Otero, representante do alumnado; María del Carmen Yebra Biurrun, madriña da promoción e profesora do Departamento de Química Analítica; José Manuel Vila Abad, padriño da promoción e profesor do Departamento de Química Inorgánica: Pilar Bermejo Barrera, coordinadora do centenario de estudos de Química da USC; Manuel Rodríguez Méndez, decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia; e Jesús Sanmartín Matalobos, decano da Facultade.