Ir o contido principal

Acto institucional

Graduación da décima promoción do Grao en Química

07.06.2022 | 12.15h

Aula Magna
Santiago de Compostela

O reitor da USC, Antonio López, presidirá o acto

Facultade de Química
Facultade de Química

A Aula Magna da Facultade de Química acollerá o acto de graduación da promoción 2018-2022 do Grao en Química. O evento arrancará ás 12.15 horas e será presidido polo reitor da USC, Antonio López.

Nel intervirán tamén Sergio Sóñora Otero, representante do alumnado; María del Carmen Yebra Biurrun, madriña da promoción e profesora do Departamento de Química Analítica; José Manuel Vila Abad, padriño da promoción e profesor do Departamento de Química Inorgánica: Pilar Bermejo Barrera, coordinadora do centenario de estudos de Química da USC;  Manuel Rodríguez Méndez, decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia; e Jesús Sanmartín Matalobos, decano da Facultade. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2022.