Skip to main content

A Escola na Cidade 2021-2022

Concertos de Fin do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da EAEM

06.13.2022 | 20.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

Organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Cartel dos concertos
Cartel dos concertos

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da  Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano. 

A segunda semana de concertos comezará o 13 de xuño co concerto de Carmen Diego (violoncello), Ruth Santiago (óboe) e Tonio Comesaña. Interpretarán obras de Johannes Brahms, Wolfgang Amadeus Mozart, Igor Stravinsky, Clara Wieck Schumann e Leonard Bernstein.

O evento arrancara ás 20.30 horas no Paraninfo da USC e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala. 

The contents of this page were updated on 06.10.2022.