13.06.2022 | 20.30h
Organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano.
A segunda semana de concertos comezará o 13 de xuño co concerto de Carmen Diego (violoncello), Ruth Santiago (óboe) e Tonio Comesaña. Interpretarán obras de Johannes Brahms, Wolfgang Amadeus Mozart, Igor Stravinsky, Clara Wieck Schumann e Leonard Bernstein.
O evento arrancara ás 20.30 horas no Paraninfo da USC e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.