USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

O Laboratorio Escénico Coop participa no USCénica 2022 coa obra Blues de medianoite, un espectáculo nocturno de danza, música, teatro e luz. A representación terá lugar o mércores 22 de xuño ás 23.00 horas na terraza do Auditorio da Universidade.
O acceso á función é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo desde hora e media antes da función.
Blues de medianoite
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que vén directamente de África, sempre dende un filtro persoal.
