Pasar al contenido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Blues de Medianoite'

22.06.2022 | 23.00h

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas
Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas

O Laboratorio Escénico Coop participa no USCénica 2022 coa obra Blues de medianoite, un espectáculo nocturno de danza, música, teatro e luz. A representación terá lugar o mércores 22 de xuño ás 23.00 horas na terraza do Auditorio da Universidade. 

O acceso á función é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo desde hora e media antes da función. 

Blues de medianoite

Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.

Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que vén directamente de África, sempre dende un filtro persoal. 

'Blues de medianoite', de Laboratorio Escénico Coop
'Blues de medianoite', de Laboratorio Escénico Coop
Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.06.2022.