USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

A colaboración entre os guitarristas Rafa Fernández e Virxilio da Silva desenvólvese durante case dez anos a través de numerosos proxectos cos que teñen actuado nos principais escenarios de Galicia. Nesta ocasión, presentan un formato íntimo onde repasarán algunhas das composicións favoritas do repertorio clásico do Jazz así como doutras músicas.
O concerto terá lugar o sábado 25 de xuño ás 22.00 horas na terraza do Auditorio da Universidade. O acceso é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes do recital