Pasar al contenido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

Concerto Da Silva e Fernández Dúo

25.06.2022 | 22.00h

Santiago de Compostela
Terraza

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas
Cartel do USCénica 2022. Festival de artes escénicas

A colaboración entre os guitarristas Rafa Fernández e Virxilio da Silva desenvólvese durante case dez anos a través de numerosos proxectos cos que teñen actuado nos principais escenarios de Galicia. Nesta ocasión, presentan un formato íntimo onde repasarán algunhas das composicións favoritas do repertorio clásico do Jazz así como doutras músicas.

O concerto terá lugar o sábado 25 de xuño ás 22.00 horas na terraza do Auditorio da Universidade. O acceso  é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes do recital 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.06.2022.