Skip to main content

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Canta, Urania'

07.05.2022 | 22.30h-00.30h

Santiago de Compostela
Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica. Festival de artes escénicas da USC
USCénica. Festival de artes escénicas da USC

A escritora Estíbaliz Espinosa toma parte no USCénica 2022 con Canta, Urania,  unha proposta a cabalo entre a poesía e a astronomía que chega o martes 5 de xullo á Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller. 

As entradas teñen un prezo de 3 euros e estarán dispoñibles no Teatro dende hora e media antes da función. 

Sobre a peza

Urania é a última das musas ou a primeira delas: a que pon un pé entre a poesía e a astronomía, entre a arte e a ciencia. A constelación de puntos suspensivos que une a poesía, a música e a astronomía faise visible neste encontro íntimo entre a voz, o piano, os ruídos e as estrelas.

E será en dous espazotempos: primeiro na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, onde terá lugar a performance-recital, con poemas e música; para retomar a poucos pasos de alí, á fresca do verán e xa máis entrada a noite: no Observatorio Ramón María Aller, onde seguirá o recital e unha observación astronómica, sempre que a noite o permita.

 

A escritora Estíbaliz Espinosa
A escritora Estíbaliz Espinosa
The contents of this page were updated on 07.04.2022.